Rías Baixas Territorio Gastronómico 2013

“Rías Baixas, Territorio Gastronómico” Cociña de mercado

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia promocionan conxuntamente os produtos frescos e de primeira calidades que se venden nos mercados municipais coa colaboración dos cociñeiros do Grupo Nove e coa a Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
 
Estanse desenvolvendo Showcookings da man de recoñecidos restauradores pontevedreses en diferentes mercados municipais.

Dentro do marco das actuacións “Rías Baixas, Territorio Gastronómico” a Deputación de Pontevedra pon en marcha Cociña de Mercado, unha iniciativa de apoio e promoción dos mercados municipais pontevedreses como lugares de referencia para a compra de produtos frescos e de primeira calidade.

Co obxectivo de captar novos clientes e amosarse atractivos como centros de venta para  a xente nova, en colaboración coa DX de Comercio da Xunta de Galicia, a institución provincial levou a cabo entre os vendedores dos mercados un concurso de receitas elaboradas a base de produtos que se comercializan  nos mercados municipais.

De tódalas receitas participantes, seleccionáronse 24 que están aloxadas, xunto coas aportadas polos cociñeiros do Grupo Nove, nos Tótems Interactivos colocados nos mercados de: Portonovo, O Grove, Caldas de Reis, Bueu, Porriño Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Redondela e tamén na web mercadosmunicipais.depo.es.

Estes Tótems véñense colocando desde o ano 2011 polas administracións autonómica e provincial en diferentes mercados municipais da provincia ofrecendo desde entón novos servizos ós clientes e modernizando un lugar de ventas tradicional.

Ofrecen ós clientes: información turística do concello no que se atopan, datos e información sobre os servizos que ofrece cada mercado e o máis novidoso, receitas de cociña que os clientes poderán imprimir e levarse no momento de facer a compra na praza.

A presentación dos novos Tótems e das receitas aportadas polos vendedores dos mercados, completaranse durante os meses de abril e maio cos Showcooking “Cociña de mercado” que levarán a cabo recoñecidos restauradores pontevedreses como:

  • Xosé Torres Cannas de Pepe Vieira Camiño da Serpe (Raxó) Mercado Municipal de Caldas de Reis
  • Antonio Botana de Pandemonium (Cambados) Mercado Municipal de Redondela
  • Javier Olleros de Culler de Pau (O Grove) Mercado Municipal de O Grove
  • Alberto González de Silabario (Tui) Mercado Municipal de Porriño

Restaurantes con Estrella
Resturantes reconocidos con la valorada distinción de una estrella Michelín:
    • Casa Solla (Poio)
    • Pepe Vieira (Poio)
    • Restaurante Silabario (Tui)
    • Culler de Pau (O Grove)

Cocina de Autor
 
    • Pandemonium (Cambados)

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia apostan con estas iniciativas apoiar ós mercados municipais para que volvan a ser o centro de referencia do comercio das vilas da nosa provincia, o motor comercial e o lugar ao redor do que se articula o comercio local.

Presentación nuevos Contidos do Tótem Interactivo + Showcooking “Cociña de Mercado”. Mercado Municipal de Caldas de Reis
Día: Lunes 22 de abril
Hora: 12:00h
Showcooking: Chef: Pepe Vieira do Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe (Raxó)

 

          Presentación nuevos Contidos do Tótem Interactivo + Showcooking “Cociña de Mercado”. Mercado Municipal de Porriño
Día: Martes 30 de abril
Hora: 12:00h
Showcooking: Chef: Alberto González Prelic do Restaurante Silabario (Tui)

 

          Presentación del Tótem Interactivo + Showcooking “Cociña de Mercado”. Mercado Municipal de Redondela
Día: Martes 7 de mayo
Hora: 12:00h
Showcooking: Chef: Antonio Botana do Restaurante Pandemonium (Cambados)

 

          Presentación nuevos contidos do Tótem Interactivo + Showcooking “Cociña de Mercado”. Mercado Municipal de O Grove
Día: Miércoles 15 de mayo
Hora: 12:00h
Showcooking: Chef: Javi Olleros do Restaurante Culler de Pau (O Grove)

Turismo Galicia